Compoñente electrónico que permite o paso da corrente nun só sentido.
É o dispositivo semicondutor máis sinxelo e pódese encontrar practicamente en calquera circuíto electrónico.
Constan da unión de dous tipos de material semicondutor, un tipo N e outro tipo P, separados por unha xuntura chamada barreira ou unión.
Os díodos fabrícanse en versións de silicio (a máis utilizada) e de xermanio. Esta barreira ou unión é de 0.3 voltios no xermanio e de 0.6 voltios aproximadamente no díodo de silicio.
O díodo pódese pode facer funcionar de 2 maneiras diferentes:
Polarización directa: Cando a corrente circula en sentido directo, é dicir do ánodo A ao cátodo K, seguindo a ruta da frecha (a do díodo). Neste caso a corrente atravesa o díodo con moita facilidade comportándose practicamente como un curto circuíto. O díodo conduce.
Polarización inversa: Cando unha tensión negativa en bornes do díodo tende a facer pasar a corrente en sentido inverso, oposto á frecha (a frecha do díodo), ou sexa do cátodo ao ánodo. Neste caso a corrente non atravesa o díodo, e compórtase practicamente como un circuíto aberto. O díodo está bloqueado.
No caso ideal, o díodo compórtase como un cortociorcuito cando está polarizado en directa e como un circuíto abiero cando está polarizado en inversa.
Unha característica importante dun díodo ou ideal é a corrente de recuperación inversa. Cando un díodo pasa de condución a corte, a corrente nel diminúe e, momentaneamente faise negativa antes de alcanzar o valor cero, como se mostra na seguinte figura.
O tempo trr é o tempo de recuperación inversa, normalmente inferior a 1us. Os díodos ded recuperación ràpida deséñanse de modo que teñan trr menores que os díodos deseñados para aplicacioens de 50 Hz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario