Traductor

lunes, 27 de abril de 2015

ILLA DE AROUSA

A Illa de Arousa é unha illa situada no corazón da ría de Arousa, na provincia de Pontevedra. A pesar de ser unha illa ten case 5.000 habitantes.



Os lugares de maior interese son: o Faro de Punta Cabalo, Illote Areoso (próxima á illa) e o Parque Natural de Carreirón, ao igual que as demais praias. Os portos máis importantes son o Porto de Xufre  ou Campo, dende onde se pode percorrer o paseo marítimo do Cantiño, e é aí onde os arousanos celebran durante o mes de Agosto, A festa do marisco" ou "a festa do Mexillón", no porto de Xufre, animados por turistas, visitantes e pola súa excelente gastronomía. O punto máis alto da illa é o Miradoiro O Con do Forno, dende onde se pode contemplar o pobo e a súa actividade turística e comercial, así como a beleza da paraxe.







Para máis información podedes consultar no blog da Illa: http://www.ailladearousa.es/




lunes, 13 de abril de 2015

Robots Industriais

Entre os robots considerados de máis utilidade na actualidade encóntranse os robots industriais ou manipuladores. Existen certas dificultades á hora de establecer unha definición formal do que é un robot industrial. A primeira delas xorde da diferenza conceptual entre o mercado xaponés e o euro-americano do que é un robot e o que é un manipulador. Así, mentres que para os xaponeses un robot industrial é calquera dispositivo mecánico dotado de articulacións móbiles destinado á manipulación, o mercado occidental é máis restritivo, esixindo unha maior complexidade, sobre todo no relativo ao control. En segundo lugar, e centrándose xa no concepto occidental, aínda que existe unha idea común acerca do que é un robot industrial, non é doado poñerse de acordo á hora de determinar unha definición formal. Ademais, a evolución da robótica foi obrigando a diferentes actualizacións da súa definición.
A definición mais comunmente aceptada posiblemente sexa a da Asociación de Industrias de Robótica (RIA, Robotic Industry Association), segundo a cal:

"Un robot industrial é un manipulador multifuncional reprogramable, capaz de mover materias, pezas, ferramentas, ou dispositivos especiais, segundo traxectorias variables, programadas para realizar tarefas diversas,"

Esta definición, lixeiramente modificada, foi adoptada pola Organización Internacional de Estándares (ISO) que define o robot industrial como:

"Manipulador multifuncional reprogramable con varios graos de liberdade, capaz de manipular materias, pezas, ferramentas ou dispositivos especiais segundo traxectorias variables programadas para realizar tarefas diversas,"

Inclúese nesta definición a necesidade de que o robot teña varios graos de liberdade. Unha definición máis completa é a establecida pola Asociación Francesa de Normalización (AFNOR), que define primeiro o manipulador e, baseándose na devandita definición, o robot:

Manipulador: mecanismo formado xeralmente por elementos en serie articulados entre si, destinado ao agarre e desprazamento de obxectos. É multifuncional e pode ser gobernado directamente por un operador humano ou mediante dispositivo lóxico.

Robot: manipulador automático servo-controlado, reprogramable, polivalente, capaz de posicionar e orientar pezas, útiles ou dispositivos especiais, seguindo traxectoria variablesreprogramables, para a execución de tarefas variadas. Normalmente ten a forma dun ou varios brazos rematados nun pulso. A súa unidade de control inclúe un dispositivo de memoria e ocasionalmente de percepción do ámbito. Normalmente o seu uso é o de realizar unha tarefa de xeito cíclico, podendo adaptarse a outra sen cambios permanentes no seu material.


Os diodos

Compoñente electrónico que permite o paso da corrente nun só sentido. 
É o dispositivo semicondutor máis sinxelo e pódese encontrar practicamente en calquera circuíto electrónico.
Constan da unión de dous tipos de material semicondutor, un tipo N e outro tipo P, separados por unha xuntura chamada barreira ou unión.
Os díodos fabrícanse en versións de silicio (a máis utilizada) e de xermanio. Esta barreira ou unión é de 0.3 voltios no xermanio e de 0.6 voltios aproximadamente no díodo de silicio.
O díodo pódese pode facer funcionar de 2 maneiras diferentes:
Polarización directa: Cando a corrente circula en sentido directo, é dicir do ánodo A ao cátodo K, seguindo a ruta da frecha (a do díodo). Neste caso a corrente atravesa o díodo con moita facilidade comportándose practicamente como un curto circuíto. O díodo conduce.
Polarización inversa: Cando unha tensión negativa en bornes do díodo tende a facer pasar a corrente en sentido inverso, oposto á frecha (a frecha do díodo), ou sexa do cátodo ao ánodo. Neste caso a corrente non atravesa o díodo, e compórtase practicamente como un circuíto aberto. O díodo está bloqueado.
No caso ideal, o díodo compórtase como un cortociorcuito cando está polarizado en directa e como un circuíto abiero cando está polarizado en inversa.
Unha característica importante dun díodo ou ideal é a corrente de recuperación inversa. Cando un díodo pasa de condución a corte, a corrente nel diminúe e, momentaneamente faise negativa antes de alcanzar o valor cero, como se mostra na seguinte figura.
O tempo trr é o tempo de recuperación inversa, normalmente inferior a 1us. Os díodos ded recuperación ràpida deséñanse de modo que teñan trr menores que os díodos deseñados para aplicacioens de 50 Hz.

Sensor de oscuridad

Utilizando unha LDR, un circuíto electrónico sinxelo e unha tapa de bolígrafo; obsérvase cando se tapa a LDR, nunha primeira parte do vídeo, como se activa un relé que permite o arranque dunha lámpada de 40 W a 220 V e na segunda parte do vídeo se substitúe o relé por un díodo led.
Creo que é un circuíto típico para 3º e 4º da ESO na área de Tecnoloxía.


Croacia en cinco rutas en bici

Con unha paisaxe que é pura seducción, este reducto do Mediterráneo máis auténtico é unha xoia para o afecionado do cicloturismo pola cantidade de rutas que trufan tanto o seu verdísimo interior como a súa indómita costa. 
1. DE ILLA EN ILLA:
Hay virxes solitarias, pero tamén hai rebosantes de vida e glamour. Ao fin e ao cabo Croacia conta con máis de mil illa a elexir. A boa nova para o cicloturista é que os ferries locais permiten o salto dunha noutra coa bici a costas. Non se perda os descensos pinarers e largos salados da paradisíaca Mijet; as viñas e pobos marmóreos de Korcula; a misteriosa Vis ou a excesiva Hvar; os pobos medievales de Creso; e as residencias das Brijuni. 


2. PARQUES NATURAIS A PEDAL:
Na rexión de Lika-Karlovac, o gran reclamo é o Parque Nacional de Pitvice, un puzzle natural prodixoso formado por 16 lagos en diferentes altitudes e comunicados por 92 cataratas e cascadas. Aínda que as normas son estrictas (non saírse dos sendeiros e cousas deste estilo), pódese recorrer a dúas rodas. Pero Pitvice non é o único sitio desta rexión que merece a pena. Estamos ante a zona máis verde do país, un pequeno lugar para cicloturistas con 11 rutas ciclistas de diferente dificultade e a posibilidade de durmir nos aloxamentos especializados de Bike&Bed. 

viernes, 10 de abril de 2015

VACACIÓNS Á NEVE


Tras as vacacións de Semana Santa, a maior parte das estacións de ATUDEM (Asociación Turística de Estacións de Esquí e Montaña de España) deron por finalizada a temporada 2014-15. No obstante, algunhas decidiron pospor a data  de peche ata o fin de semana de 11 e 12 de abril.
'A temporada de esquí 2014-15 non podía rematar de mellor forma grazas á ponte de Semana Santa, que este ano celebrouse algo máis pronto que os últimos anos', informou a asociación das estacións invernais. 
Así, durante Semana Santa a maior parte das estacións contaban todavía con grandes espesores de neve de moitos kilómetros de pistas abertas. A estación aragonesa de Astún informou que foi 'a mellor Semana Santa dos últimos 10 anos cunha ocupación hotelera no área de influencia do 87%'.
O Grupo FGC tamén confirmou 'unha boa ocupación'. As estacións de A Molina, Vall de Núria e Valter 2000 contaron globalmente con máis de 17500 esquiadores.