Os lugares de maior interese son: o Faro de Punta Cabalo, Illote Areoso (próxima á illa) e o Parque Natural de Carreirón, ao igual que as demais praias. Os portos máis importantes son o Porto de Xufre ou Campo, dende onde se pode percorrer o paseo marítimo do Cantiño, e é aí onde os arousanos celebran durante o mes de Agosto, A festa do marisco" ou "a festa do Mexillón", no porto de Xufre, animados por turistas, visitantes e pola súa excelente gastronomía. O punto máis alto da illa é o Miradoiro O Con do Forno, dende onde se pode contemplar o pobo e a súa actividade turística e comercial, así como a beleza da paraxe.
Para máis información podedes consultar no blog da Illa: http://www.ailladearousa.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario